Extinguido un incendio forestal en Lobios que afectou a 9,7 hectáreas
Nas tarefas de extinción participaron seis axentes, nove brigadas, seis motobombas, un helicóptero e seis avións
Un incendio forestal, extinguido esta mañá, calcinou unha superficie de 9,7 hectáreas no municipio ourensán de Lobios, na parroquia de Grau.
O lume foi declarado ás 19.54 horas do sábado e quedou apagado ás 11.00 deste domingo, segundo a información facilitada pola Consellería do Medio Rural. Nas tarefas de extinción participaron seis axentes, nove brigadas, seis motobombas, un helicóptero e seis avións.
O departamento autonómico lembra que o teléfono gratuíto 085 está a disposición da cidadanía en caso de detectar algún incendio forestal, como é o caso. Ademais, dispón doutro número anónimo e sen custo para denunciar calquera actividade delictuosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.
Escribe o teu comentario