Fronte á "bomba ambiental" de Altri, o BNG propón "blindar a actividade produtiva" con 30 millóns de euros

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, considera un "disparate" que o goberno do PP queira "regalarlle 250 millóns de euros" a Altri "para arrasar co medio de vida da xente do rural, contaminando e destruíndo miles de empregos"


|

Ana Pontón habla con los medios en Monterroso.
 

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou este venres desde Monterroso, coincidindo coa Feira de Santos, a posta en marcha do Plan Ulloa-Ulla-Arousa, para revitalizar e impulsar o desenvolvemento económico das comarcas afectadas pola "bomba ambiental" de Altri.

Pontón, cuxas primeiras palabras foron de recordo ás vítimas da DANA e para pedir "unidade" fronte a esta catástrofe, destacou a "inmensa riqueza" dos produtos locais e de proximidade en "unha das comarcas agrogandeira e leiteira máis rica e produtiva de toda Galicia", como é a comarca de Arzúa-Ulloa.

Esta comarca, criticou, "atópase ameazada pola construción dunha macrocelulosa que non só afectaría de forma negativa a esta comarca", se non "tamén ao río Ulla que desemboca na Ría de Arousa, da que viven 4.000 familias".

A líder nacionalista considera un "disparate" que o goberno do PP queira "regalarlle 250 millóns de euros" a Altri "para arrasar co medio de vida da xente do rural, contaminando e destruíndo miles de empregos".

Neste sentido, Ana Pontón avanzou que o BNG vai propor que "os orzamentos de 2025 recollan unha partida de 30 millóns de euros para apoiar a comarca de Arzúa-Ulloa e para blindar a súa actividade produtiva fronte a bomba ambiental de Altri".

A medio prazo, a proposta do BNG pasa por implantar o Plan Ulloa-Ulla-Arousa, como un plan sostible e alternativo, para revitalizar e impulsar o desenvolvemento económico das comarcas con tres eixos de actuación.

O primeiro, apoiar os proxectos económicos de transformación no medio rural que teñan capacidade para innovar e instalar empresas produtivas no ámbito agrogandeiro, con liñas de axudas específicas para PEMES e cooperativas. Un segundo punto de actuación que pasa pola recuperación do río Ulla, que tamén contribuiría a sanear toda a ría de Arousa. E finalmente, o terceiro eixo para a creación dun novo modelo forestal sostible cun monte multifuncional e que non se limite só á primeira transformación da madeira para non "converter Galicia nun eucaliptal para macrocelulosas".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE