Está Cobre San Rafael detrás da moción de censura en Touro? O SLG pide investigar de oficio o cambio de alcalde
O sindicato sostén que existen lazos entre a empresa promotora e o Partido Popular.
O vindeiro martes 12 de agosto debaterase en Touro a moción de censura impulsada polo PP e apoiada por Darío Rey, un edil non adscrito que no seu día foi número dous de Movemento Veciñal, lista da que saíu o actual alcalde, Roberto Castro, co apoio de BNG e Partido Galego. O cambio na alcaldía, á que regresarían os populares, supuxo un sismo no taboleiro político polo inusual deste movemento que obriga ao PP de Touro, unha vez asuma a alcaldía, a deixar en mans de Rei todas as decisións relativas á mina de Touro. Ao tempo, o Concello terá que acudir nos procesos xudiciais contra a mina, tal e como se acordou no pacto para destronar a Castro. Que intereses ocultos hai detrás deste acordo? É realmente un golpe ao proxecto mineiro ou un paso máis cara ao seu apobación? Estas son as preguntas que se fai o Sindicato Labrego Galego, que pide que se investigue de oficio a moción.
"TRAMAS DE CORRUPTELA QUE TEN O PP"
O sindicato, contraria á reapertura da antiga mina de cobre, atopa lazos condutores entre a moción de censura e Cobre San Rafael, empresa promotora do proxecto mineiro. Así, desde o SLG din levar "anos ao lado da veciñanza de Touro" e apoiando publicamente ás plataformas críticas co proxecto. "Volvemos alzar a voz en defensa da nosa terra", apunta o sindicato.
"Resulta sorprendente e costa crer que este acordo leve adiante coñecendo o pasado destas persoas e das tramas de corruptela que ten o PP nestes temas", denuncia a responsable da Loita contra o Acaparamento de Terras no SLG-CCLL, Margarita Prieto.
"Desde a nosa organización, solicitamos que se investigue de oficio a relación da empresa Cobre San Rafael coa moción de censura en Touro para saber o que realmente se esconde detrás desta e da posible eliminación do apoio e da colaboración que nestes últimos tempos estaba a darse á veciñanza por parte do actual goberno municipal", enuncia Prieto, á vez que lembran que hai cinco anos o proycto mineiro foi denegado pola Xunta ao atopar "graves afectacións aos recursos hídricos". .
"Non vemos que o PP mostre unha postura clara contra a mina, non se trata só de acceder á alcaldía, senón que debe facer un pronunciamiento público explicando as razóns que o levan a situar contra proxéctoo mineiro", gabia Prieto.
Escribe o teu comentario