O PSdeG reforza a súa oposición a Altri reunir coa plataforma anti celulosa Ulloa Viva
A foto de José Ramón Gómez Besteiro coa plataforma vecincal que lidera as mobilizacións contra o proxecto de Greenfiber (Altri + Greenalia) consolida a mensaxe de oposición á celulosa por parte da dirección galega do partido. Como a planta non é viable sen axudas europeas Next Generation, e como o PSOE ten, a través do Minisiterio de Industria, a chave destas axudas, parece complicado que a fábrica -que canta co apoio do PP e da Xunta- saia adiante.
A Plataforma Ulloa Viva reuniuse co secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, para trasladarlle a petición de que o Estado denegue financiar o proxecto de Altri en Palas de Rei (Lugo).
A este encontro acudiron Marta Gontá, Zeltia Laya e Mónica Cea por parte de Ulloa Viva, quen demandaron que "traballe para que o Goberno do Estado diga non ao financiamento que Altri solicita de fondos europeos".
Segundo expón a plataforma nun comunicado, Besteiro comunicoulles que ao PSdeG "non lle gusta o proxecto" e "non venlle cabida para recibir fondos europeos".
Ulloa Viva trasladou ao líder socialista galego "o malestar e preocupación" dos veciños das comarcas da Ulloa, Deza, Terras de Melide e Arzúa polos "efectos prexudiciais para o futuro".
Escribe o teu comentario