A Xunta leva a privatización até os centros de atención a vítimas de violencia machista, acusa o BNG

Os nacionalistas denuncian que o Goberno de Galicia privatiza este servizo que aínda non botou a rodar.


|

240703 CentroCrise x 4
240703 CentroCrise x 4

 

As vítimas de violencia machista terán pronto á súa disposición, as 24 horas do día e os 365 días do ano, un lugar ao que acudir para denunciar a súa situación e recibir o amparo das administracións públicas. Estas instalacións atópanse en cinco hospitais da xeografía galega e o Goberno de Galicia proxecta que estarán en funcionamento no último trimestre do ano. No entanto, estes centros, segundo denuncia o #BNG, estarán xestionados por empresas privadas, algo que espertou o malestar dos nacionalistas. 

 

CINCO INSTALACIÓNS

Son instalacións, como a do Hospital Gil Casares de Santiago de Compostela, que xa recibiron a visita da conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, e do director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba. Tres psicólogos, dous traballadores sociais, un auxiliar e un asesor xurídico compoñen o persoal destes espazos pensados para as vítimas de violencia sexual. 

 

O Hospital Novoa Santos de Ferrol, o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, o HULA de Lugo e a PAC da Rúa do Concello en Ourense serán os outros centros que acubillarán estas instalacións, para as que a Xunta destinou 11 millóns de euros e que se agregan á res de máis de 80 Centros de Información á Muller repartidos por toda Galicia.  

 

"ONDE ESTÁ O LÍMITE?"

Con todo, desde o BNG denunciaron que a xestión destes centros caerá en mans privadas ao sacar a Xunta a licitación un contrato por 7,5 millóns de euros. Non é a primeira vez que vemos esta clase de movementos no Goberno de Alfonso Rueda, que xa privatizou as residencias de maiores doadas pola Fundación Amancio Ortega

 


"É tal o afán privatizador que este proceso xa o iniciaron hai un ano e tiveron que paralizalo porque nin sequera estaban construídos estes centros", denunciou esta semana a parlamentaria Olalla Rodil, á vez que puntualizou que estes centros "están financiados con cargo a fondos do Pacto de Estado contra a Violencia Machista e que se conciben como servizos de atención integral para vítimas de violencia sexual".
 

"Onde está o límite para o PP? Privatizaron centros de menores; o 80% das prazas de residencias de maiores e, agora, abren a porta a engordar o negocio de empresas privadas na atención a vítimas de violación Hai algo que non é susceptible de facer negocio? Hai algo que non deba ser utilizado para enriquecer a un puñado de empresas?", criticou Rodil
 

Neste sentido, a nacionalista apuntou que estas privatizacións van da man da "precariedade laboral" que acaba afectando tamén aos usuarios. "Precariedade laboral con persoal claramente insuficiente, pero ademais precarizar a atención das persoas usuarias porque o propio prego de licitación do PP di que se vai a facer unha parte desa atención de maneira telemática ou de maneira telefónica. Non sabemos si a través dunha pantalla ou por teléfono", indicou.
 

Por todo isto, desde o BNG piden que se deteña o proceso, aínda que tamén advirten que, a pesar de que o proceso segue aberto "Eulen xa está a enviar ofertas de traballo e ofrecendo contratos". 
 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE