As trampas da Xunta contra as velutinas son "poucas", "tardías" e "sen revisións", acusa o PSdeG

Mentres o PP fala de "un global de 17.000 trampas instaladas" os socialistas "menos da metade das 40.000 que anunciaba o propio director xeral de Gandería".


|

La diputada socialista Lara Méndez.
Foto: EP

 

A portavoz de Agricultura do grupo parlamentario socialista, Lara Méndez, advertiu de que a Xunta incumpre o seu propio protocolo de instalación de trampas para velutinas.

Tal e como trasladou o PSdeG nunha nota de prensa, a deputada lucense ha mantido un encontro con apicultores de Lugo para analizar a situación xerada por esta praga e a resposta do Goberno galego de instalación de trampas que, asegurou, "son poucas, chegan tarde e quedan sen revisar".

Así, Lara Méndez alertou de que "de nada vale" o sistema de trampeo deseñado pola Xunta cando "nin eles mesmos seguen o seu propio protocolo" e, engadiu, ademais de colocar "menos da metade das trampas previstas, estas quedan revisar". Por iso, considera que é "inútil" para detectar o estado da praga.

Tamén advertiu de que mentres o PP fala de "un global de 17.000 trampas instaladas", son "menos da metade das 40.000 que anunciaba o propio director xeral de Gandería".

En concreto, a parlamentaria afirmou que a instalación foi "especialmente escasa" en municipios como O Incio, onde asegurou que montaron 21 das 67 previstas, así como en Lugo (67 das 393 previstas), Alfoz (cinco de 55) ou Santiago (86 de 641).

Ademais, sinalou que a instalación do trampeo chegou tarde, no mes de abril e cos niños de velutina xa construídos, e un mes e medio despois "aínda non fixeron a revisión", polo que "os datos recolleitos non servirán para nada".

Neste contexto, Lara Méndez reclamou á Xunta que "atenda ás demandas do sector da apicultura" e constitúa un Comité Asesor con presenza de todas as administracións, entidades e sectores afectados para coordinar a estratexia e as prioridades de gasto na loita contra esta praga.

Tamén demandou impulso á investigación sobre a velutina para crear convenios coas universidades e achegar medios e financiamiento suficiente para impulsar a técnica da manipulación xenética.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE