Besteiro interpreta a vitoria de Salvador Illa como éxito da "política" do "diálogo" de Sánchez

José Ramón Gómez Besteiro, secretario xeral do PSdeG, fixo unha análise dos resultados dos socialistas cataláns que podería chegar ao Govern si logran un equilibrio de forzas con ERC e os Comúns. 


|

Archivo - La número uno del PSdeG por Ourense, Carmen Rodríguez Dacosta; el secretario general del PSC, Salvador Illa; y el candidato del PSdeG a la Presidencia de la Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, en un acto sectorial de sanidad en Ourense
Foto: EP

 

O secretario xeral do #PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, mostrou a súa satisfacción pola vitoria do #PSC de Salvador Illa nas eleccións catalás do pasado domingo, que, ao seu xuízo, supoñen o "punto final" ao 'procés' e un "referendo" á aposta pola política do "diálogo" e a "concordia" do goberno presidido por Pedro Sánchez.

Así se pronunciou este luns en rolda de prensa sobre os comicios en Cataluña nos que os socialistas se impuxeron nas urnas e o bloque independentista non alcanzou a maioría, o que, para Besteiro, constata "o fin a unha dinámica histórica" que considera que alimentaron os anos no Goberno central do PP.

Para o líder dos socialistas galegos, as eleccións catalás constatan que a presenza do #PP na Moncloa supón "unha fábrica de producir independentistas en Cataluña", algo que contrapuxo á aposta de Sánchez por "levar a paz, a tranquilidade, a concordia e o diálogo a Catuluña".

Tras enxalzar o resultado de Illa como "o triunfo dun proxecto tranquilo e solvente", Besteiro recalcou que o 12 de maio supón a resolución de "un problema" como, ao seu xuízo, supuxo ao longo dos últimos anos o 'procés' independentista catalán, unha "dinánica absolutamente aloucada dunha política que non tiña un fin en si mesmo" que "se xerou na época do PP".

Por tanto, cualificou de "noticia moi boa" a caída do apoio ao independentismo que, segundo Besteiro, "confirma o éxito da política dos socialistas para resolver o conflito catalán".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE