Tirón de orellas de Rueda á conselleira de Medio Rural por dicir que os incendios provocados "van no ADN galego"

O mandatario autonómico, a preguntas de Galiciapress, manifestou que a súa elección para a Consellería de Medio Rural fixo unhas declaracións que "non foron afortunadas".


|

Maria jose gomez toma posesion estandar
Foto: Xunta.gal

 

Seica hai un xene pirómano que predispone aos galegos a provocar incendios forestais? A tese da nova titular da Consellería de Medio Rural, María José Gómez, é que "vai no ADN de Galicia" a intencionalidade dos lumes. Unhas palabras que foron combustible para prender as reaccións que non se fixeron esperar por estas declaracións polas que o #PSdeG instou a Gómez a pedir perdón. 

 

 

Hoxe foi o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o que tivo que responder a esta cuestión xenética tras o Consello da Xunta, o primeiro en décadas que se celebra un luns. O mandatario, a preguntas de Galiciapress, mostrou certo malestar ao admitir que "non foron unhas declaracións afortunadas" das sucesoras de José González, que non leva nin unha semana no cargo desde que xurou o seu novo posto.

 

"HAI UNHA ENORME INTENCIONALIDADE"

O presidente tirou publicamente das orellas de Gómez como tamén fixo en privado, xa que afirmou que llo comentou a ela tras o balbordo que provocaron as súas declaracións. En calquera caso, Rueda non quere que o rebumbio tape "algo fundamental" como resulta o feito de que "detrás dos incendios hai unha enorme intencionalidade".

 

"Outra cousa é que se poida demostrar. Non falo do 100%, si unha maioría, todos temos exemplos de incendios nos que existe intencionalidade e constatados polos expertos", lembrou Rueda, que aproveitou a ocasión para facer un chamamento, agora que soben as temperaturas e crece o risco de incendio -durante a última semana declaráronse varios incendios, algúns deles claramente provocados-, para a "responsabilidade" e para salientar que se segue "perseguindo" e "investigando" aos incendiarios. 

 

"Aqueles que se detectan e pódese demostrar, todo o peso da lei vai caer encima deles", concretou o líder do Goberno de Galicia. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE