VÍDEO | Berros de "dimisión" á chegada do ministro Óscar Puente ao Senado
O titular da carteira de Transportes foi apupado e increpado á súa chegada ao Senado, onde compareceu este xoves para dar conta dos sinistros de Adamuz e Gelida. O caos ferroviario das últimas semanas foi utilizado pola oposición como arma política contra o Goberno de España e, particularmente, contra Óscar Puente e a súa xestión.
O ministro asistiu a unha sesión onde se gardou un minuto de silencio polas vítimas dos últimos accidentes ferroviarios.
“Trasladamos as nosas condolencias, o noso agarimo aos familiares e seres queridos e a rápida recuperación das persoas que sufriron algunha ferida”, dixo o presidente do Senado, Pedro Rollán.
Escribe o teu comentario