Salvador Illa pide "máis tempo" á mesa do Parlament para poder abordar a súa investidura
O líder dos socialistas catalás, a forza máis votada nas pasadas eleccións de maio, busca evitar a repetición electoral cunha negociación que posibilite un Govern na Generalitat encabezado polo o PSC. Con todo, para que isto pase teñen que pór en consonancia aos Comúns, favorables a un tripartito, e ERC, que se resiste a pactar cos socialistas de Illa.
"O meu compromiso é de facer todo o posible para evitar que haxa unha repetición electoral", destaca Illa, que con todo parece non comprometer a súa investidura a calquera prezo.
Consciente de que necesita "máis tempo para armar a única maneira que poida facer viable esta lexislatura", que é con ERC, Illa explica que o momento de Esquerra é "propio" de calquera forza política: "Vaiche ben un tempo e logo vaiche mal".
Segue lendo a noticia en Catalunyapress .
Escribe o teu comentario