Enquisa CIS Galicia: primeira sondaxe que prevé que o PP podería perder a maioría e quedar en mans de Jácome
As enquisas do CIS sempre xeran moita polémica porque as forzas de dereitas acusan ao insitituto público de favorecer os intereses dos socialistas. Con todo, hai que ter en conta que nas pasadas eleccións xerais as sondaxes dos medios fracassaron e o centro público foi o que máis acertou.
Nas eleccións programadas para o 18 de febreiro, o Partido Popular podería enfrontar a perda da súa maioría absoluta, segundo a enquisa preelectoral levada a cabo polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (#CIS). De acordo cos resultados, proxéctase que o partido obteña un intervalo de 36 a 38 escanos. A maioría absoluta está en 38.
Da máis dunha ducia de sondaxes publicadas nesta lexislatura, incluídos a media ducia xa publicados este ano, é o primeiro que abre a porta a un cambio de goberno.
PACTO DE PP CON DEMOCRACIA OURENSÁ?
Con todo, os conservadores seguen sendo os favoritos. Se sacasen 38 conservaríana polos pelos e si sacan 37 poderían pactar con Democracia Ouernsana, como xa fixeron en Ourense, a pesar de que actualmente as relacións con Gonzalo Pérez Jácome, o alcalde e líder localista, son malas.

O Bloque Nacionalista Galego (#BNG) perfílase como a segunda forza máis votada. Nisto o CIS coincide co resto de sondaxes. Os nacionaistas terían un 29,3% de apoio, o que se traduciría en 20 a 23 escanos.
Pola súa banda, o Partido Socialista de Galicia (#PSdeG) ocuparía a terceira posición -como prevén tamén o resto de sondaxes- cun 20,4% de respaldo e a posibilidade de obter entre 17 e 18 escanos.
Adicionalmente, segundo as estatísticas do CIS, o partido Sumar podería quedar excluído do Parlamento galego, rexistrando un 3,5% dos votos e posiblemente obtendo entre 0 e 2 escanos. Con todo, a maioría de sondaxes doutras fontes este ano deron aos de Yolanda Díaz polo menos un escano.
Tanto Podemos como Vox quedarían sen representación parlamentaria. De todas as outras investigacións só unha deu a Vox un parlamentario. Podemos pola súa banda ve aínda está por chegar a sondaxe que lle conceda un escano.
A clave podería estar en Ourense. Democracia Ourensá podería asegurar un escano pola súa provincia. Non é sorprendente, dado que nesa circunscrición bastan, aproximadamente, uns 10.000 votos para lograr un deputado e os de Gonzalo Pérez Jácome sacaron uns 19.000 nas eleccións locais. Das últimas catro enquisas, tres danlle a DO un escano por Ourense aínda que a do CIS é a única na que hai un escenario na que Jácome podería decidir a cor da Xunta.
En canto á avaliación dos líderes políticos, a candidata do BNG sitúase como a máis valorada, cunha media de 5,77. A continuación, atópase Alfonso Rueda do Partido Popular, cun puntaje de 5,39. José Ramón Gómez Besteiro, líder socialista, sitúase en terceiro lugar cunha puntuación de 4,84.
Escribe o teu comentario