Policía local de Ourense salva a vida a un bebé coas vías respiratorias totalmente obstruidas

Coas súas manobras o axente logrou que o lactante recuperase a capacidade respiratoria.
 


|

Imagen de un coche de la Policía Local.
Foto: EP


 

Unha axente da Policía Local de Ourense auxiliou a un bebé que requiría atención urxente por mor dunha obstrución das vías respiratorias.

Os feitos ocorreron na noite do pasado venres, día 11 de abril, cando un funcionario advertiu a presenza dun grupo de persoas visiblemente nerviosas nas inmediacións do edificio da Xefatura da Policía Local.

O grupo aproximouse de forma apresurada solicitando auxilio de maneira urxente para un bebé, pedir desde a Policía a presenza dunha ambulancia.

A axente coordinadora do servizo aproximouse ao lugar e observou que o lactante presentaba claros signos de obstrución das vías respiratorias, polo que procedeu a colocalo en posición de seguridade e realizar a manobra de desobstrución, conseguindo que o lactante recuperase a capacidade respiratoria.

Unha vez chegou a ambulancia ao momento, o bebé foi trasladado ao hospital de Ourense co fin de realizarlle unha observación completa. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE