Extinguen o incendio que afectou a tres edificios en Ourense

Dúas plantas e o baixo do edificio quedaron arrasadas polas chamas declaradas ás 05,00 da madrugada


|

Bomberos
Bombeiros

 


Os efectivos dos bombeiros lograron extinguir tras horas de traballo o incendio declarado na madrugada deste sábado nun edificio da avenida de Santiago de Ourense e que obrigou a desaloxar a decenas de veciños de tres inmobles.

As tarefas de control e extinción das chamas prolongáronse desde as 05,00 horas da madrugada até a tarde do sábado, cando os bombeiros deron por finalizada a actuación, segundo trasladou o CIAE 112 Galicia.

 

 

 



Unha vez finalizada a intervención, os servizos de emerxencias fixeron balance de danos, no que non se contabilizan feridos. As chamas calcinaron por completo dúas plantas e o baixo do edificio afectado, o número 72 da avenida de Santiago.

Ademais, as chamas e o fume tamén causaron desfeitas nos inmobles lindeiros, especialmente un que tivo que ser precitando por motivos de precaución. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE