O incendio da Gudiña queima outras 50 hectáreas a pesar de que a Xunta o deu por estabilizado fai 21 horas

Na madrugada do luns aos mates a Consellería de Medio Rural declarou estabilizado o incendio de Pentes, pero a última hora do martes indica que a superficie queimada, que era dunhas 150 hectáreas, pasou a 200.


|

La Brif de Trabuyo preparu00e1ndose para intervenir en el incendio de Pentes A Gudiu00f1a en una foto de @AT Brif
A Brif de Trabuyo preparu00e1ndose para intervir no incendio de Pentes A Gudiu00f1a nunha foto de @AT Brif



Os dous incendios que afectan o concello ourensán da Gudiña, concretamente á parroquia de Barxa e Pentes, continúan crecendo e suman xa 90 e 200 hectáreas arrasadas, respectivamente. Mentres, o de Laza quedou xa extinguiudo tras afectar a 68 hectáreas. 

 



Segundo o último parte de incendios da Consellería do Medio Rural, o de Pentes, o máis grande cunha estimación dunhas 200 hectáreas, continúa estabilizado --sen controlar-- desde a pasada medianoite e "evoluciona favorablemente". Nel levan traballado 15 axentes, 26 brigadas, 12 motobombas, catro pas, dous técnicos, dez helicópteros e oito avións. Varias fontes dos dispositivos antincendios falan dunha"reactivación".

 



En canto ao segundo, en Barxa, continúa activo tras iniciar sobre as 00.17 deste martes. Afecto, polo momento, a 90 hectáreas. Na súa extinción mobilizáronse nove axentes, 11 brigadas, oito motobombas, dúas pas, catro técnicos, oito helicópteros e oito avións, así como medios terrestres procedentes de Portugal.

 



En canto ao de Laza, na parroquia de Trez, a Consellería deuno por extinguido ás 20.43 horas da tarde deste martes, dous días despois de que se detectase. No seu caso, afectou a unha superficie de 68 hectáreas --50 de monte raso e 18 de arboledo-- e traballaron 17 axentes, 33 brigadas, 22 motobombas, dúas pas, dous técnicos, oito helicópteros e catro avións.

A maiores, a Xunta informa de que está activo outro lume no concello de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), desde as 17.19 horas deste martes. Leva calcinadas unhas 20 hectáreas da parroquia de Agusantas e mobilizáronse oito axentes, 15 brigadas, dez motobombas, dúas pas, catro técnicos, cinco helicópteros e seis avións.

Cabe lembrar que nas últimas horas tamén se deu por controlado un incendio de 15 hectáreas en Porto do Son (A Coruña), parroquia de Caamaño, que chegou a estar próximo a vivendas durante a madrugada.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE