O persoal galego desprazado a Valencia fala dun "escenario de guerra" tras o paso da DANA

Os equipos de emerxencias xa se atopan no lugar golpeado pola pinga fría, onde o panorama é "devastador", segundo o seu testemuño.


|

Varios coches afectados por la DANA en un descampado, a 5 de noviembre de 2024, en Catarroja, Valencia, Comunidad Valenciana (España). Hoy, se cumple una semana desde que la DANA arrasara la Comunitat Valenciana. Hasta el momento, hay 211 víctimas mortale
Foto: EP

 

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que os equipos galegos que xa se atopan na Comunidade Valenciana trasládanlle que se atoparon unha "zona que está moi devastado" pola DANA, "como un escenario de guerra".

Na mañá deste martes, Rueda conversou por teléfono co director de Protección Civil, quen lle informou dos diferentes traballos dos equipos enviados coa coordinación da Xunta que se concentran en tarefas de rebo, de limpeza e de retirada de vehículos.
 


A unidade da Policía Autonómica especializada en actividades subacuáticas traballa, cos bombeiros de Valencia, percorrendo a canle do río Turia en busca de persoas. "En definitiva, van facendo o que se asigne" e "o que se lles manda en todo momento", explica.

Tras unha semana da traxedia, valora que a xente da zona agradece "moitísimo" estas tarefas dun continxente galego que "se desprazou nun número considerable", persoal "moi especializado, moi profesional", "que desde o primeiro momento comezou a traballar".
 

 

"Ese é o segredo, coordinarnos", dixo sobre as autoridades valencianas, a preguntas da prensa tras participar nun acto en Santiago. O obxectivo era "ser útiles desde o primeiro minuto".

Sobre os traballadores galegos, Rueda relata que "están bastante impresionados polo que están a ver, polo nivel de devastación das zonas onde están a traballar".

Decenas de efectivos partiron desde Galicia en expedicións que contan con material como motobombas, bulldozers, drones e tractores.
 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE