Deteñen en Verín a un veciño de Taboadela que viaxaba cun quilo de haxix no coche
A Garda Civil detivo na tarde do martes en Verín (Ourense) a un home, veciño de Taboadela, ao que os axentes incautaron 10 tabletas de haxix que pesaban ao redor dun quilo.
Os feitos ocorreron na tarde de onte, martes 7 de marzo, no municipio ourensán. O home foi identificado canto estaba "en actitude sospeitosa" no interior do vehículo.
Unha vez os axentes iniciaron o rexistro do coche, atoparon a droga no maleteiro, cun peso superior ao quilo de haxix.

A Garda Civil detivo na tarde do martes en Verín (Ourense) a un home, veciño de Taboadela, ao que os axentes incautaron 10 tabletas de haxix que pesaban ao redor dun quilo.
Segundo informa o Instituto armado, este home foi sorprendido no interior do seu vehículo cando estaba aparcado nunha rúa céntrica de Verín "en actitude sospeitosa".
Tras identificar ao individuo, os gardas civís rexistraron o seu coche, no que atoparon, na tapa lateral do maleteiro, todas as tabletas de haxix.
Así, os axentes incautáronse de toda a sustancia estupefaciente, que pesaba un total de 1.013 gramos, así como dous móbiles, un paquete de bolsas de envasado ao baleiro e o vehículo. Ademais, apresaron ao home por un suposto delito contra a saúde pública.
O detido e as dilixencias instruídas foron postos a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Verín.
Escribe o teu comentario