Os Bonos Activa Comercio abrirán este martes para a adhesión dos establecementos interesados
O obxectivo do Bono é seguir incentivando a demanda comercial e axudando economicamente ás persoas consumidoras, á vez que se fomentan as compras nos establecementos comerciais comerciantes polo miúdo participantes.
O Diario Oficial de Galicia (#DOG) publicará este luns a orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración pola que abre, a partir do 20 de maio, o prazo de adhesión dos establecementos comerciais para a iniciativa dos Bonos Activa Comercio.
Como novidade, este ano os establecementos que se queiran sumar á campaña póidano facer unha única vez para as diferentes edicións de 2025.
O obxectivo do Bono é seguir incentivando a demanda comercial e axudando economicamente ás persoas consumidoras, á vez que se fomentan as compras nos establecementos comerciais comerciantes polo miúdo participantes.
A apertura do prazo de adhesión dos negocios é o paso previo antes da súa activación á cidadanía, cuxos prazos se establecerán nas correspondentes ordes de cada unha das edicións do programa. Os bonos estarán dispoñibles en formato dixital na web www.bonosactivacomercio.gal.
En 2024 a Xunta destinou a esta iniciativa 7,5 millóns de euros en descontos a través de 600.000 transaccións comerciais, que no conxunto das catro provincias galegas mobilizaron ao redor de 34 millóns de euros nos máis de 7.500 comercios adheridos.
Escribe o teu comentario