Pillado cunha cámara oculta e un pinganillo no exame téorico de conducir de Ourense

Un mozo foi sorprendido mentres copiaba no exame teórico para obter o permiso de conducir. Empregaba un equipo tecnolóxico composto por unha cámara oculta na súa roupa coa que enviaba imaxes das preguntas a un terceiro que lle daba as respostas a través dun pinganillo.

 

 

 


|

O mozo, natural de Paquistán, trataba de copiar no exame utilizando un equipo tecnolóxico que ocultaba na súa indumentaria, mentres un terceiro lle daba as respostas. 

 

Os funcionarios decatáronse da artimaña, declaradolo non apto na proba, que non poderá repetir durante un período de seis meses. Ademais, foi proposto a unha multa de 500 euros. 

 

Dispositivo empleado por una persona identificada copiando en un examen téorico para obtener el carné de conducir
Foto: EP

 

Un mozo foi sorprendido mentres copiaba no exame teórico para obter o permiso de conducir. Empregaba un equipo tecnolóxico composto por unha cámara oculta na súa roupa coa que enviaba imaxes das preguntas a un terceiro que lle daba as respostas a través dun pinganillo.

O home, de nacionalidade paquistaní e residente en España, foi identificado polos funcionarios da Xefatura Provincial de Tráfico en Ourense cando realizaba a parte teórica do proceso para sacar o carné de conducir tipo B.

Os funcionarios decatáronse que empregaba un sistema de comunicación co exterior para obter as respostas ao test. Para iso, transmitía imaxes do exame a través dunha cámara oculta na súa roupa e recibía a información grazas a un auricular posto no seu oído dereito.

O aspirante foi declarado non apto na proba, á que non poderá presentar durante un período de seis meses. Ademais, foi proposto para a imposición dunha multa de 500 euros por unha infracción moi grave da lei de Tráfico por empregar dispositivos non autorizados nas preubas de obtención de autorizacións administrativas de conducir, normativa vixente desde marzo do pasado ano. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE