Extinguido o incendio de Cenlle
O lume calcinou un total de 65,73 hectáreas, segundo as últimas medicións realizadas pola Consellería do Medio Rural
O incedio que afectaba o municipio ourensán de Cenlle, na parroquia da Pena, deuse por extinguido ás 18:21 desta tarde, segundo informou a Consellería do Medio Rural, tras quedar controlado desde o paso mércores ás 22:27 horas.
Os datos da Xunta de Galicia informan de que este lume arrasou 65,73 hectáreas, das cales 39 corresponden a monte arborizado e o resto, a monte raso, segundo as últimas medicións realizadas.
Para apagar este lume participaron tres técnicos, 35 axentes, 90 brigadas, 48 motobombas, tres pas, unha unidade técnica de apoio, oito avións e nove helicópteros.
CONTROLADO O INCENDIO DE RIBADAVIA
Pola súa banda, xa está baixo control, desde as 18:27 desta tarde, o lume forestal declarado o 1 de setembro na parroquia de Ribadavia, do concello homónima.
Para os labores de extincion deste incendio mobilizáronse un técnico, 35 axentes, 68 brigadas, 43 motobombas, dúas pas, oito avións e oito helicópteros.
Escribe o teu comentario