Incendios Galicia: extinguido o lume de Castrelo do Val; cinco seguen estabilizados ou controlados

O incendio forestal iniciado con varios focos en Castrelo do Val, en Ourense, foi dado por extinguido pola Xunta ás 11,30 horas deste martes, xornada na que unha fronte chuviosa atravesa a comunidade.


|


A comunidade segue afectada por varios lumes, pero as choivas repartidas en distintos puntos de Galicia e a baixada das temperaturas axudan ao seu control e extinción.

 

O de Laza, con máis de 2.100 hectáreas de terreo arrasadas, é o incendio máis grande dos que permanecen sen extinguirse nestes momentos. 

 

Técnicos do Centro de Investigación Forestal de Lourizán (Pontevedra) avalían os danos na Serra do Courel (Lugo) provocados polos incendios.
Foto: EP

 

O incendio forestal iniciado con varios focos en Castrelo do Val, en Ourense, foi dado por extinguido pola Xunta ás 11,30 horas deste martes, xornada na que unha fronte chuviosa atravesa a comunidade.

Mentres, outros cinco lumes seguen estabilizados (Laza e Oímbra) ou baixo control (Ribas de Sil e Riós), e os medios de extinción tratan de apagar as chamas.

En Castrelo do Val arderon 173,19 hectáreas: 78,95 arboredos e 94,24 de monte raso. Pola súa banda, o de Riós arrasou 103 hectáreas e o de Ribas de Sil, 40.

Tras unirse co de Chandrexa de Queixa, o lume de Laza afecta a 2.100 hectáreas, e o de Oímbra, tamén estabilizado pero aínda sen controlar, calcina unhas 70 hectáreas.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE