Tres accidentes con feridos en Coles, Celanova e O Bolo ao envorcar os seus coches esta madrugada

Tres persoas resultaron feridas esta madrugada ao envorcar cos seus coches nos municipios do Bolo, Celanova e Coles.


|

Chuo 1
Os feridos foi trasladados ao Hospital de Ourense

Tres persoas resultaron feridas nas últimas horas tras envorcar cos seus coches en senllos accidentes ocorridos de madrugada nos municipios ourensáns do Bolo, Celanova e Coles.

 

O primeiro ocorreu no municipio de Coles sobre as 3:30 horas da madrugada, cando un particular chamou ao 112 para pedir axuda para un amigo que sufrira un sinistro na estrada que une Cambeo con Vilar Chao. O vehículo envorcara e o seu condutor non podía saír del. No trascurso desa chamada, tamén o 061 poñíase en contacto co 112 para pedir medios de excarceración.

A partir de aí, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) informou aos Bombeiros de O Carballiño, aos membros do GES de Pereiro de Aguiar, á Garda Civil de Tráfico e aos efectivos de Protección Civil de Coles. Finalmente, tras finalizar a intervención dos Bombeiros, estes confirmaron a excarceración do ferido e o seu traslado en ambulancia ao Hospital de Ourense.

O segundo accidente desta madrugada ocorreu sobre as 6:00 en Celanova: unha persoa resultou ferida cando, conduciéndo o seu vehículo, leste envorcaba ao chocar contra outros tres turismos estacionados na Avenida de San Rosendo.

Ata o lugar acudiron, tras recibir a chamada o 112 Galicia por parte dos servizos sanitarios, os Bombeiros do municipio. Neste caso, non foi preciso o uso do material de excarceración, posto que a persoa xa se atopaba fóra do vehículo. Informouse tamén aos axentes de Tráfico, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil de Mancomunidade Terras de Celanova.

O terceiro dos accidentes tivo lugar podo despois en O Bolo, sobre as 6:30 horas da mañá. Unha persoa chamou ao 112 para informar dun coche envorcado cunha persoa atrapada no seu interior na estrada OU-533, no punto quilométrico 42, na parroquia de Lentellais.

Os xestores de emerxencias alertaron ao 061, aos bombeiros de Valdeorras, aos membros do GES da Veiga, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil da localidade. Unha vez no punto, os Bombeiros confirmaron a excarceración do ferido e o seu traslado en ambulancia polos profesionais sanitarios.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE