O incendio de Boborás xa non mantén cortado o tren Ourense - Santiago pero segue activo

Polo menos un tren viuse afectado, o rexional que partiu de Santiago a media tarde cara a Ourense que tivo que deterse en Lalín.


|

O tráfico ferroviario entre O Carballiño e O Irixo (traxecto Santiago de Compostela - Ourense) xa se renovou tras verse interrompido este domingo por un novo incendio na provincia ourensá, no municipio de Boborás, concretamente na parroquia de Xurenzás.

O corte rexistrouse no quilómetro 289, ao paso da liña convencional pola parroquia ourensá na que se iniciou o o lume ao redor das 16,28 horas. Con todo, non durou máis dunha hora e, pasadas as 19,00 horas, tanto ADIF como Medio Rural informaban da reactivación da liña.



O corte de tráfico, con todo, afectou unicamente á liña convencional, é dicir, a trens rexionais.

O incendio de Boborás calcinou polo momento cinco hectáreas e na zona están a traballar catro axentes, sete brigadas, tres motobombas, unha pa, sete avións e catro helicópteros. Entre eles, os bombeiros helitransportados da brigada de Marroxo.

 

Incendio en Boborau0301s nunha imaxe do twitter da Brigada de Marroxo
Incendio en Boborau0301s nunha imaxe do twitter da Brigada de Marroxo



 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE