O Partido Popular de Galicia, leva gobernando a Comunidade Autónoma, 16 anos. Considero que tempo suficiente para poñer en marcha un programa electoral que conta cun orzamento 1.100 millóns de euros anuais (máis ou menos), o que supón 17.600 millóns de euros que deben ser suficientes para ter a Galiza no primeiro mundo.
Os eslogans que utilizan algúns políticos, están cheos de eufemismos e boas intencións que normalmente non se levan nunca a cabo, non por non poder...si non por non querer. Un dos máis repetidos polo sr. Rueda, é que ”gobernamos con sentidiño” e eu lle digo, que si fora así, non teríamos os problemas económicos, políticos, sociais, ambientais, etc. que temos.
“Gobernar con sentidiño”, para Rueda é rexeitar unha condonación da débeda da Galiza, que supón uns 4.010 millóns de euros, cuns argumentos tan peregrinos, como que é “xurídicamente reprobable” ou que “altera de forma arbitraria e discrecional a situación financieira das Comunidades” ou que foi “pactada con Esquerra Republicana”. Deixar de pagar eses cartos que debemos (...e aforralos) é gobernar con sentidiño?
“Gobernar con sentidiño”, para Rueda , é que a consellaría do Mar (váia por deus o seu conselleiro), ca cantidade de problemas que manifestan os traballadores, día sí e día tamén...“execute menos da metade do seu orzamento” (123 millóns de e. sin executar). Unha cousa é o que se fala e os cartos que se prevé gastar, e outra moi distinta executar o prometido!
Os contratos que realiza a Xunta do PP deben ser transparentes e para elo, a fiscalización corre a cargo do Consello de Contas (o Conselleiro Maior é nombrado por Rueda). Dí: “no ano 2023, o 20% de todos os contratos da Xunta, adxudicáronse sen concorrencia”. A oposición censura o retraso na sua tramitación parlamentaria (oito meses); indica por exemplo, que o SERGAS deixou sin executar entre o 2021 e 2023 perto de 5 millóns de euros en Saúde Mental ou a falta de transparencia de IMPULSA a través da que se promoven proxectos como Altri. Moito sentidiño non parece que teñan os (i)responsables do PP.
Dicir que “gobernamos con sentidiño” e ter a Sanidade Pública Galega cun déficit evidente de profesionais que condicionan a masificación das consultas, as listas de agarda interminables e como consecuencia unha medicina privada que cada día engorda máis os seus orzamentos a costa da Pública...iso non parece moi coherente.
Vai vir o verán...como todolos anos, e a Consellaría de Sanidade manterá “a mesma cobertura do 2024”, que se caraterizou pola falta de persoal e de medios. Pois o amortizado (e mal falado) Conselleiro de Sanidade, dí que “a atención sanitaria vai ser idéntica que a despregada no 2024”. Non lle importan as protestas que se produciron o ano pasado, as que se están producindo e seguro as que se producirán na época estival...pero que teñamos 243 prazas vacantes e se produza un peche de 780 camas, para Rueda é “gobernar con sentidiño”. Que teñamos 200 concellos na Galiza “sin Pediatra” é para o PP: “pior están no resto de España”: mal de moitos...consolo de tontos!
Ante o incremento de agresións o persoal sanitario, a Consellaría limítase a poñer nos ordenadores un botón do pánico…
As pensións na Galiza, teñen a medio millón de pensionistas por baixo do nivel do salario mínimo. 166.000 perceptores, están en pobreza severa, con ingresos por baixo de 600 euros ao mes (según a Seguridade Social). A pensión media Galega, é 185,2 euros menos que a da media do estado español. A pensión media de Ourense e Lugo atópase a cola do estado. Moito sentidiño non parece para quen é responsable disto, pero ahí o temos, sacando peito de “gobernar con sentidiño”.
O 20% das persoas que esperan unha primeira consulta no SERGAS, deben agardar máis de 6 meses para ser atendidas (incumprindo a propia Lei de Garantías de Prestacións Sanitarias, elaborada só polo PP de Galicia...que marca 45 días para unha primeira consulta ou proba diagnóstica e 60 días para cirurxía). O propio sr. Rueda, responsable directo desta situación, fala de “unha de cada 5 persoas con problemas de Saúde Mental, agardan desde fai máis de 6 meses”...así, sin anestesia... Sabemos que dende a pandemia, as listas de agarda AUMENTARON, un 11% e tamén sabemos que a 31 de decembro do 2024: 9.162 persoas estaban nas listas de agarda en Saúde Mental. Temas tan básicos e o ben máis preciado que temos que é a nosa saúde, non parece que estén nas mans de quen “goberna con sentidiño”.
Un de cada cinco galegos, está en situación de pobreza enerxética (somos o pior lugar de toda a Unión Europea neste concepto). Con respecto á vivenda: temos os prezos que non fan máis que crecer a un ritmo moi superior aos salarios. A fenda salarial está no 18,4%, según a CIG, pola precariedade laboral das mulleres; ademais a igual traballo as mulleres cobran menos; o 30% das empresas que teñen 50 ou máis empregados incumpren a normativa laboral en materia de paridade.
“Gobernar con sentidiño” é ofrecerlle aos teus gobernados as condicións mínimas para poder dicir que vivimos no primeiro mundo!
Escribe o teu comentario