O verán e todo o que leva

Rodrigo Brión Insua

Unha posta de sol ás 22:15 horas. O indisoluble cheiro a sardiñas asadas nas mans. Botar a sesta co Tour de Francia de fondo. Un paseo en kaiak polo lago. Os coches de choque na festa do pobo. Un trocito de sandía fresca. Abrazar a un veciño con outro gol de España. Tirar ao teu curmán á piscina. Ver Os Simpson antes de comer. Unhas cervexas no chiringuito xunto ao mar. Cine ao aire libre. Saír a correr pola mañá cedo, antes de que o sol derrita o asfalto. Esa moza á que só ves en vacacións. Visitar as Illas Cíes. Un día de festival, de música e de bebedeira. As faíscas dunha fogueira na praia. Baixar o portelo do coche e sacar o brazo por fóra. Unha sandalia rota. Regalar un imán da túa última viaxe. Un cachopo cos raparigos. Espantar unha mosca cojonera. A final do tiro con arco nos Xogos Olímpicos. Un bico debaixo do escenario da orquestra na verbena. Voar. A voda do teu mellor amigo. A luz dunha luciérnaga. Comer un micolápiz co teu sobriño. Un globo de auga voando desde unha xanela. Botellón na praza. A túa noiva cun vestido de flores. Un selfie coas nenas. A mesma discomóvil do ano pasado. Cear mirando ao océano. Tomarche un viño branco e picar queixo con anchoas. Pantalóns curtos. Acender a grellada. A marca do bikini sobre o moreno. Area nas pantorrillas. Unha Cocacola con xeo. O cheiro a xasmín á tardiña. Unha pota burbujeante para facer polbo á feira. Un corte de pelo perrón como o do Serresiete. Escapar dunha avispa. Recoller o primeiro tomate do horto. Conseguir un peluche na feira. Meter un pé na auga xeada do río. Ler un libro na hamaca. O cubo e a pa. Comprar un melón e que saia bo. Descubrir un osasis libre de guiris. Contar no alto o que soñaches esa noite. Pasar unha resaca tremenda pegado ao ventilador. Café cos teus sogros. O Grand Prix. Unha canción de Aitana na radio. Preguntar onde está a neverita azul. A nova fichaxe do Celta. Unha antuca que salgue disparada polo vento e a punto está de empalar a un bañista. Follar de madrugada coa xanela aberta. Unha insolación. O centro de saúde abarrotado pola falta de médicos. Un incendio forestal. As estacións cheas de turistas furiosos esixindo o rembolso do billete que non poderán usar porque se cancelou o tren. Que se esgote xusto esa camisa nas rebaixas. Unha onda de calor. Camas de hospital pechadas. Puigdemont. As colas quilométricas de estudantes ante as inmobiliarias para non quedar sen piso o próximo curso. Unha muller asasinada. O recibo para pagar o aire acondicionado. Ayuso soltando calquera parvada. Un can abandonado polos seus donos antes de ir de vacacións. Foderche de frío porque non sacaches a chaqueta. Outro incendio forestal. Outra muller asasinada. E outra. Puigdemont de novo, agora con lentes de contacto. Bombeiros mal pagos. As bágoas dun rapaz que non pode estudar a carreira que lle gustaría. Unha riada por unha tormenta repentina de verán que arrasa un pobo. Os días sen boas noticias. Berros racistas no partido de Brasil. Fodechinchos. Amañar o concurso para contratar socorristas. Un ERE. A ultradereita gañando as eleccións en Francia. Unha vixilia polo asasinato de Samuel Luiz. O repartidor de Glovo pedaleando para subir unha costa ás 12 do mediodía. A picadura dunha abella. A avoa que este ano tampouco verá o mar por primeira vez. Nin aos seus netos. O enésimo incendio forestal. A instalación das luces de Nadal de Vigo. 

 

O verán. E todo o que leva. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE