En contra da xeneralización do Complemento de Exclusividade ós médicos e médicas

Xosé María Dios Diz
Médico especialista de Atención Primaria de Outes.

Médico especialista de Atención Primaria de Outes. Plataforma SOS Sanidade Pública.

A Lei 55/2003, do Estatuto Marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, destaca, a "dedicación prioritaria ó servizo público e á transparencia". Fala da "prioridade e da exclusividade que se reflicte no réxime retributivo (coa renuncia ó complemento específico) e no réxime de incompatibilidades do persoal médico, no que se establece unha remisión á normativa dos empregados públicos, resultando de aplicación a Lei 53/1984de Incompatibilidades do Persoal ó Servizo das Administracións Públicas".

 

Cos recortes do PP nos 14 anos de goberno na Galiza, os obxectivos dos colectivos sanitarios (entre outros) son que non se contrate persoal sanitario sen formación especializada acreditada, que se remate coa precariedade laboral e coa inestabilidade no traballo no Sistema Sanitario Público e que se implemente unha política xusta e incentivadora.

 

E que sucede na Galiza? Co desmantelamento e a privatización sanitaria do PP, acaba de conceder ós Médicos e ás Médicas que traballan na pública e na privada (a maiores do seu salario) 870 euros máis ó mes. Cando falamos de "complemento" de exclusividade, é un concepto A MAIORES, do salario dun/ha profesional, por dedicarse EN EXCLUSIVA ó Sistema Sanitario Público. A falacia de "a igual traballo, igual salario", cae polo seu propio peso, cando non existe a fidelización, motivo polo que na Pública se cobra ese "complemento".

 

Moitas persoas avogamos por reintegrar na Pública os servizos privatizados: Información, Historia Clínica, Receita Electrónica, Central de Chamadas, Ambulancias, Loxística, Investigación, Docencia, restituír o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo á Pública, acabar co Concerto Singular de POVISA e adquirilo para a Sanidade Pública, auditar onde van os cartos do "céntimo sanitario" e rematar co Copago Farmacéutico. Todas estas medidas foron implementadas polo PP... E agora, dálle o "complemento salarial" a quen compatibiliza pública e privada (coa merma que iso supón para a Sanidade Pública). É impresentable! E os Colexios Médicos, que non se representan nin a si mesmos, cunha participación dunha porcentaxe ínfima de colexiadxs... e un grupo de médicxs con moito poder e afinidade ideolóxica co PP conseguen uns cartos que a todas luces non merecen e que non se dedican a reforzar os Equipos de Atención Primaria con novos profesionais, que é de verdade o que fai falta!

 

Os sindicatos corporativos falan de que "se les retira el suplemento específico de exclusividad"…Mentira! O certo é que o que se fai é dar eses cartos pola fidelización ao Sistema Público: non se lles retira nada ós do dobre traballo, cobran o salario que deben cobrar! O conselleiro de Sanidade afirmou que "o seu departamento traballaba en fórmulas para «flexibilizar» a Lei de compatibilidades para exercer no Sergas e tamén no ámbito privado". Comesaña NON PODE FLEXIBILIZAR UNHA LEI Ó SEU GUSTO. As leis cúmprense na súa literalidade! Ademais, algo importantísimo: a lei (e non a Xunta) di que "está  prohibido atender na privada pacientes da súa Area Sanitaria", e como todos sabemos, non se fai (nin á Consellería lle interesa investigalo).

 

A lei dí que "o persoal licenciado sanitario pode exercer o seu posto no Servizo Público de Saúde e simultáneamente na medicina privada, sempre que renuncie ó complemento específico e cumprindo o réxime de incompatibilidades". O seu incumprimento está tipificado como falta grave ou moi grave, coa conseguinte sanción disciplinaria que en cada caso correspondería impoñer ó facultativo incumpridor.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE