Hai uns días coñecíase a noticia de que unha enfermeira do Hospital Vall d’Hebrón queixábase nas redes sociais do requisito do nivel de catalán C1 nunha oferta de emprego público. As redes botaron fume a favor e en contra e os talibán da pureza aproveitaron a ocasión para asoballar á moza que chegou a ter medo polo acoso que estaba a sufrir.
Á Confederación Intersindical - sindicato independentista- faltoulle tempo para pola a parir porque fixera este comentario nun vídeo que subiu ás redes sociais. A dirección do centro, ante tanto “balbordo”, non dubidou en abrirlle á enfermeira gaditana un expediente. Para xustificar o mesmo, o conseller de Salut, Manel Balcels, afirmaba que “as declaracións eran intolerables”, e ademais na súa twitter escribía este e outros comentarios, coma se non tivese temas máis importantes dos que ocupar. Listas de espera, por exemplo?
O resultado final foi que a enfermeira se quedou sen traballo, sinalada, con medo e cunha imaxe de intolerancia da que non se esquecerá nunca.
Suponse - que xa é moito supor- que os sindicatos están para defender os dereitos dos traballadores independentemente do seu lugar de orixe, do idioma que falen e da maneira na que pensen. Esa é a teoría, a práctica é ben distinta, vese cada día.
A Intersindical antepón a independencia de Catalunya á defensa dos traballadores. Quizais por iso, nas eleccións sindicais que se celebraron no ICS quedáronse sen os dous representantes que tiñan até agora no Vall de Hebrón. Pola súa intolerancia tamén coa enfermeira “despedida”? E coas súas formulacións que nada teñen que ver cos obxectivos dun sindicato de "clase"
As persoas que están enfermas o que piden aos profesionais sanitarios é que sexan profesionais, que fagan ben o seu traballo, que falen catalán, castelán e que se poidan entender, aínda que un fale nunha lingua e o outro noutra. Non por facelo só na lingua de Catalunya quere dicir que sexa mellor na súa profesión. As imposicións limitan a presenza de bos profesionais que non queren vir a Catalunya por este requisito. Puntuar o coñecemento do catalán nunhas oposicións que está ben, que sexa condición indispensable para acceder, non. As linguas non deben ser barreiras, senón vehículo de comunicación entre a xente.
Chama a atención o silencio da maioría dos sindicatos que fixeron mutis polo foro coma se o tema non fóra con eles Solidariedade? Pouca. Medo, moito, a ser etiquetaxes/as. Liberdade de opinión? Pouca, e medo moito.
Escribe o teu comentario