Corría o ano 1998 cunha composición política - froito das eleccións municipais de 1995- no Concello de Barcelona moi distinta á actual. Pascual Maragall era o seu alcalde, polo PSC, que conseguira 16 concelleiros. Seguíalle, CIU con 13, o PP con 7, Iniciativa per Catalunya Els Verds (IC-EV) 3 e pechaba a representación no consistorio ERC con 2 concelleiras.
Nese consistorio estaban nomes tan coñecidos como Miquel Roca, Joan Clos - que despois foi alcalde- Artur Mas, Francesc Homs, Joaquim Nadal, Enrique Lacalle., Eulalia Vintró, Ernest Maragall, Alberto Fernández, Antonio Santiburcio, Xavier Casas, e até a mismísima Pilar Rahola. Todo un elenco de políticos que polo menos sabían o que debían facer, tanto no equipo de goberno como os da oposición.
Con esa composición de goberno e cos acordos de Oslo entre Israel e a OLP (Organización de Liberación de Palestina) como punto de partida, o equipo de goberno barcelonés, nunha posición de apoiar o proceso de paz, propuxo ao pleno asinar un acordo de irmandamento a tres bandas coas cidades de Tel Aviv, Gaza e Barcelona co fin de fomentar a cooperación cultural e de desenvolvemento entre as tres cidades. A proposta foi aprobada por unanimidade.
Pasaron 25 anos de da firm que serviu para fomentar o acordado, cada un na medida das súas posibilidades Está claro que dependendo de quen gobernasen, facían máis ou menos accións.
Como quen non quere a cousa, en plena campaña electoral e de maneira unilateral - vía decreto de alcaldía- sen consultar ao pleno, a alcaldesa Colau anunciaba que suspendera temporalmente as relacións institucionais co Estado de Israel e todas as institucións oficiais do país, incluído o irmandamento con Tel Aviv. A decisión tomouna ás costas do pleno, do seu socio de goberno e despois dunha reunión mantida cunha plataforma de entidades de cidadáns de Barcelona co “apartheid non”, que recolleron unhas 4.000 firmas. Hai que lembrar que Barcelona ten máis de 1.600.000 habitantes.
A resposta dos partidos da oposición e do propio partido que forma parte do goberno de coalición, o PSC, non se fixo esperar: críticas por parte de todos e petición de que explique no pleno a medida tomada ás costas deles. Algúns falan dunha actitude autoritaria da alcaldesa, criticándoa. Non só os partidos están que rabean, senón que outros colectivos manifestaron o seu desacordo e preocupación pola decisión unilateral e arbitraria.
A pesar de que a alcaldesa declarou que a decisión non vai contra o pobo israelita, senón contra os seus mandatarios, a importante comunidade xudía manifestou o seu desacordo e preocupación porque a actitude de Colau pode provocar actos antisemitas, discursos de odio e acabar provocando enfrontamentos cando até agora non se produciron.
As críticas chóvenlle á alcaldesa de todas partes. Algúns pensan que é unha decisión meditada para rabuñar uns cantos votos, sen importarlle o custo que poida ter. Din que como non ten suficientes problemas, busca unha escusa para desviar a atención cara a outro lado. Barcelona sempre foi unha cidade de diálogo, aberta a todos, inclusiva. Agora converteuse nunha cidade baixo a ditadura dunha alcaldesa que se esquece de consultar á pleno-representación máxima da cidadanía- decisións importantes que foron aprobadas no seu día por el.
Nestes anos de mandato municipal Colau demostrou que Barcelona lle vén moi grande, por moito diñeiro que dedique a determinados colectivos, a equipos de mercenarios que enchen as redes de mensaxes difamatorias contra os medios de comunicación que non son da súa corda e gástense inxestas cantidades con medios aos que sempre criticara.
Dicía Catón o Vello que “non perdas o tempo en discutir cos estúpidos e os trapelos: a palabra téñena todos, o bo xuízo só uns poucos”.
E mirando a altura política dalgúns concelleiros que formaban o consistorio de 1995 con Pascual Maragall á cabeza, a máis dun dos actuais deberíalles dar vergoña, si é que a teñen, empezando pola alcaldesa Colau, a peor figura que tivo á fronte do consistorio e de Barcelona. Debería ser a alcaldesa de toda a cidadanía e en demasiadas ocasións demostrou que non é así.
Escribe o teu comentario