A Asociación de Concellos do Camiño Inglés oponse a un parque eólico en Ordes, Mesía, Carral e Abegondo
A asociación considera que este proxecto é prexudicial para o patrimonio cultural e histórico da ruta xacobea
A Asociación de Concellos do Camiño Inglés ha manifestado a súa oposición a un parque eólico proxectado pola compañía Enel Green Power España, que afecta os municipios de Ordes, Mesía, Carral e Abegondo.
O presidente da asociación, Manuel Mirás, explica que a asociación considera que "é ilegal e incomprensible co Camiño Inglés por diferentes motivos", segundo recolle un comunicado da plataforma no que avanzan a presentación de alegacións contra o parque eólico Monte San Bartolomé.
A entidade, que engloba aos municipios polos que transcorre o Camiño Inglés, considera que este proxecto é prexudicial para o patrimonio natural e histórico desta ruta xacobea. Por tanto, demandaron que se emita unha declaración negativa de impacto ambiental.
Argumentaron así mesmo que a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia determina que as obras e actividades dentro dos Camiños de Santiago deben ser compatibles con "a coservación e protección" dos seus "valores propios" e deberán manter "as características principais do territorio que o conforman", tanto desde a perspectiva dos seus "núcleos tradicionais" como das actividades agropecuarias e forestais.
Consideran tamén que a produción de enerxía eólica "non teñen encaixe" dentro desta lexislación, pois, como incide a asociación, establécese que o ámbito de protección non é unicamente o seu trazado, senón que tamén abarca outros elementos tanto físicos como "intanxibles".
A asociación asegurou que o promotor do parque eólico non contemplou estas cuestións na redacción do seu proxecto limitar a analizar "única e deficientemente o impacto físico e visutal do parque".
Chamaron así mesmo a atención sobre o feito de que Enel Green Power admite na redacción do seu proxecto que a proximidade das infraestruturas a elementos de valor patrimonial ten un impacto "negativo e significativo" e que, por iso, propopone unha rede de itinerarios "de interese paisaxístico e ambiental", para compensar o dano xerado.
A asociación cualificou isto último de "irónico" e pide o pronunciamiento do Comité Asesor do Camiño de Santiago e do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago, á vez que solicita á Xunta que "se absteña" de emitir un informe favorable ao proyeto "ata que non se aprobe" o novo Plan director do Camiño, prometido para as próximas semanas.
"A obrigación de preservar o Camiño de Santiago traspasa o ámbito legal. É un deber moral, social e político defender e velar polo mantemento e a conservación do que máis nos representa en Galicia", incidiu o tamén senador socialista Manuel Mirás, que considera que as rutas jacoberas non deben converter "nun polígono industrial de produción de enerxía".
Escribe o teu comentario