Atacan con cócteles molotov o edificio que acollerá aos menores migrantes en Monforte
Os feitos ocorreron de madrugada e reportáronse importantes danos materiais a consecuencia do ataque.
A Policía Nacional investiga o ataque con dous cóctel molotov contra o edificio do municipio lucense de Monforte de Lemos que albergará o centro da Xunta para acoller a menores migrantes.
Os feitos producíronse sobre as 03.00 horas deste sábado cando saltou a alarma do baixo, no que a explosión desta bomba incendiaria de fabricación caseira causou numerosos danos materiais.
En concreto, o baixo está situado no edificio residencial Francisco Suárez que Prodeme ten no municipio e o suceso ocorre unha semana despois de que a conselleira de Política Social, Fabiola García, anunciase a creación deste centro, que contará con 80 prazas.
Fontes da Consellería de Política Social, consultadas por Europa Press, condenan "calquera acto de violencia" e piden prudencia para deixar traballar aos corpos policiais.
Escribe o teu comentario