José Tomé e Iván Castro pugnarán pola Secretaría Xeral do PSOE provincial de Lugo
A campaña arrincará o vindeiro mércores, 16 de abril, e as votacións serán o día 27.
O presidente da Deputación de Lugo e alcalde de Monforte, José Tomé, e o deputado provincial e edil de Paradela, Iván Castro, foron proclamados este venres como candidatos á Secretaría xeral do PSOE provincial de Lugo tras ser verificados os avais rexistrados o pasado luns.
Os dous aspirantes teñen de tempo entre o 16 e o 25 de abril para facer a súa campaña entre os militantes do partido, que serán os que voten o día 27 ao próximo responsable da provincia nas primarias. Esta votación realizarase antes da celebración do congreso, previsto para o 10 de maio.
Tanto Tomei como Castro entregaron os avais o pasado día 7 de abril. Ambos rexistraron o número máximo de avais, 373, o 20% da militancia da provincia. Con todo, Tomei asegurou que acudía con 760 e Iván Castro tamén trasladou ter máis do límite permitido.
Os dous candidatos manifestaron a súa intención de vivir unha campaña "ilusionante" e han aseguraod contar co respaldo da militancia.
Escribe o teu comentario