Condutor morre ao calcinar o seu coche tras un accidente en Sarria

Por algún motivo o Dacia Duster que conducía esta persoa, aínda sen identificar, acabou encaixado nunha cuneta no Alto do Carballal. Os bombeiros non puideron excarceralo antes de que prendesen as chamas. A autopsia determinará si a persoa faleceu a causa do impacto.


|

Alto do Carballal en Sarria
Alto do Carballal en Sarria

 

Unha persoa perdeu a vida tras incendiar o seu vehículo despois de saír da vía na LU-P-5602, á altura do quilómetro 16, en Vilar de Sarria.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, sobre as 17,30 horas Urxencias Sanitarias de Galicia-061 informou do suceso, despois de que varios particulares que circulaban pola zona de San Salvador de Vilar de Sarria alertasen de que o vehículo estaba a arder e de que nel podería haber unha persoa no seu interior.

De inmediato, solicitouse a intervención dos Bombeiros de Sarria, así como dos axentes da Garda Civil, da Policía Local e dos efectivos de Protección Civil.

Ao chegar ao lugar, os servizos de emerxencia confirmaron que no interior do vehículo, completamente calcinado, atopábase o corpo sen vida dunha persoa. Polo momento non se puido determinar si trátase dun home ou dunha muller.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE