Accidente mortal en Chantada: un veciño de 83 anos morre na vía que conecta Monforte e Lalín
O suceso tivo lugar ao redor das 9:45 minutos. O octoxenario sufriu unha saída de vía e morreu polo impacto.
Un home de 83 anos morreu na mañá deste martes ao sufrir unha saída de vía co seu vehículo cando circulaba por unha estrada no municipio lugués de Chantada.
O sinistro tivo lugar ás 09,45 horas deste martes no punto quilométrico 36,700 da estrada que une Monforte (Lugo) e Lalín (Pontevedra), segundo informou a Garda Civil.
O coche que manexaba o falecido saíuse da estrada pola marxe dereita. A consecuencia do impacto, morreu no acto o condutor, veciño de Chantada e que viaxaba só no momento do accidente.
Escribe o teu comentario