Evacúan o instituto de Arzúa por un lume iniciado nos baños

Os alumnos, docentes e traballadores do centro foron desaloxados ao declarar o incendio nas instalacións.


|

Bombeiros
Foto de arquivo de bombeiros

 

Alumnado, profesorado e outros traballadores do IES de Arzúa tiveron que ser evacuados este martes tras declarar un incendio nun dos baños do edificio.

Tal e como confirmou o 112 Galicia, non houbo persoas afectadas por este incendio do que se tivo constancia sobre as 11.40 horas.

Foi o persoal do instituto, situado na rúa do Castro, quen alertou á central de emerxencias dun incendio nun dos baños do inmoble. Ademais, nesta comunicación indicaban que estaban a evacuar o edificio e que non había persoas afectadas.

Ao ter coñecemento dos feitos, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) deron aviso aos Bombeiros de Arzúa, á Garda Civil, á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do municipio.

Unha vez finalizadas os labores de extinción, os bombeiros detallaron que ardera unha papeleira e un dispensador de papel. Tamén caeron varios azulexos da parede na zona onde se iniciou o lume, mentres que algunha estancia do corredor viuse afectada polo fume, polo que tiveron que ventilar o espazo.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE