Unir Lugo e Santiago por tren? O Goberno estuda unha vella demanda da cidade amurallada

A posibilidade de que as dúas cidades poidan unir por unha liña ferroviaria é un dos acordos do BNG para investir a Sánchez.


|

El ministro de Transportes y Movilidad Sostenible, Óscar Puente, durante una rueda de prensa posterior al Consejo de Ministros, en el Palacio de La Moncloa, en Madrid (España)
Foto: EP

 

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible confirmou que traballa na licitación dun estudo de viabilidade para avaliar a posible conexión ferroviaria de Santiago de Compostela e Lugo.

Así o confirma o Goberno central a través dunha resposta escrita a unha pregunta do deputado do #BNG, Néstor Rego, quen o pasado mes de abril solicitaba información sobre este proxecto de unión por tren de ambas as cidades.

Aínda que a resposta do Ministerio, datada a 24 de maio, non ofrece máis detalles, si cabe lembrar que o pacto do Bloque e o PSOE para a investidura de Pedro Sánchez de 2023 recolle como un dos puntos que se licitará xa en 2024 un estudo "dunha variante entre Curtis e Ordes", na provincia da Coruña, que facilite a conexión ferroviaria entre Santiago e Lugo.

Trátase dunha demanda que tamén sosteñen outros partidos políticos e colectivos a favor de contar con máis servizos ferroviarios na capital lucense.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE