O piloto ileso do accidente no que morreu unha moza en Touro dá positivo

O condutor do coche que na madrugada deste domingo sufriu un accidente en Touro (A Coruña), no que faleceu unha moza de 20 anos, arroxou unha taxa positiva no test de alcoholemia realizado polos axentes de Tráfico, segundo informan fontes da Garda Civil.

|

O condutor do coche que na madrugada deste domingo sufriu un accidente en Touro (A Coruña), no que faleceu unha moza de 20 anos, arroxou unha taxa positiva no test de alcoholemia realizado polos axentes de Tráfico, segundo informan fontes da Garda Civil.



99ec3360 7947 40e6 9586 907049dc3a61

Imaxe da CRTVG


O sinistro, indica o 112, ocorreu sobre as 3,30 horas. Sobre esa hora, a central de emerxencias recibiu a chamada dun particular que avisaba dun accidente á altura da discoteca Doa Dana.

O alertante indicaba que o coche estaba envorcado na cuneta e que puideran sacar a unha muller ferida. Durante a mesma chamada, outro particular comunicaba á central de emerxencias que había no interior outra persoa inconsciente e atrapada no coche.

Así, o 112 deu o aviso a Urxencias Sanitarias-061, á Garda Civil de Tráfico e aos bombeiros de Arzúa. Os membros de Protección Civil foron informados do sinistro.

Foi necesaria a intervención dos bombeiros de Arzúa para rescatar á vítima mortal, unha moza de 20 anos que quedou atrapada no interior do vehículo.

A outra moza, de 22 anos, resultou ferida e foi evacuada ao Hospital Clínico de Santiago, segundo indica o 061. O condutor do coche, que deu positivo en alcoholemia, resultou ileso.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE