En estado crítico o mozo que caeu no rocódromo de Santiago The other Climb

O accidente resulta sorprendente pois todo o solo adxacente ás zonas de escalada está protexido por colchóns e ademais nas escaladas de altura é obrigatorio asegurar cunha corda que ás veces pode regular un compañeiro. É un establecemento moi popular entre persoas afeccionadas á escalada e tamén entre aqueles que queren aprender.

 

 

 

 


|

Screenshot 2024 06 18 09 46 10 406 com.android.chrome edit
The Other Climb


 

Un mozo de 30 anos non faleceu, como se informou incialmente, tras sufrir unha caída de oito metros mentres cara a escalada nun rocódromo en Santiago na tarde do pasado luns. Fontes oficiais do SERGAS confirmaron a Galiciapress que "está moi grave" ingresado na UCI.

Até este establecemento situado no polígono de Costa Vella, na rúa República Checa, desprazouse o helicóptero con base medicalizada en Compostela. Esa é a dirección do único rocódromo da cidade, The Other Climb, un negocio moi popular tanto entre escaladores avanzados que buscan perfeccionar a súa técnica como entre aqueles que están a dar os primeiros pasos pois posúe numerosas vías de diferentes graos de dificultade.

Un particular avisou do suceso, sobre as 20,15 horas do luns, ao 112 Galicia. Expuña que o mozo se precipitou cando estaba a practicar escalada nun centro de lecer.

Foron informados 061, Policía Nacional, Policía Local e Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Santiago, entre outros.

Os membros da Policía Local desprazados até onde se produciu o accidente detallaron que a persoa sufrira unha caída desde uns oito metros de altura. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE