Santi Denia esquécese de Galicia na convocatoria de España para os Xogos Olímpicos de París

Nin Gabri Veiga, nin Nico, nin Álvaro Carreras, nin Hugo Novoa... O seleccionador sub-21 deixouse en casa a moitos dos seus habituais.


|

Alvaro carreras
Álvaro Carreras | Foto: RFEF

 

Sorpresa -e non para ben- na lista de seleccionados por Santi Denia para acudir ás Olimpíadas de París 2024. Os Xogos Olímpicos son, coa Eurocopa, a gran cita futbolística do verán e había moitas esperanzas de que o preparador da sub-21 incluíse na súa lista, como vén sendo norma nas últimas chamadas, a algúns futbolistas galegos. Con todo, Denia optou por convocar a algúns "maiores" en detrimento de outros que, até a data, gozaban da confianza do preparador.

 

Os principais damnificados parecen os laterais Hugo Novoa Ramos e Álvaro Carreras. O de Ames fora chamado once veces coa sub-21, mentres que o ferrolán acumulaba xa máis de media ducia de partidos nesta división. Pau Cubarsí, Eric García, Mosquera, Pacheco, Juanlu, Pubil, Miguel Gutiérrez e Miranda compoñen a retagarda de 'A Rojita'.

 

Tampouco estarán no centro do campo Gabri Veiga ou Nico, dous futbolistas curtidos nas divisións inferiores da selección pero que non entraron nos plans de Denia. Tampouco Brais Méndez, un futbolista cuxa chamada podería sorprender un pouco máis, tendo en conta que tampouco foi considerado por Luís  de la Fuente para o Euro, pero que se merecería a convocatoria despois do seu bo facer na Real Sociedade. Si está o txuri urdin Turrientes, xunto con Bernabé , Barrios e Aimar Oroz, así como Fermín e Alex Baena, que farán dobrete este verán.

 

Arnau Tenas, Joan García e Iturbe serán os gardametas na pelexa polo ouro, mentres que os atacantes Samu Omorodion, Sergio Gómez, Diego López, Sergio Camelo e Abel Ruiz completan a lista de olímpicos.
 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE