Atropelo mortal en Neda: unha veciña de Fene morre arroiada mentres cruzaba un paso de peóns

Carmen Rodríguez Carballeira , ex traballadora municipal en Fene e de 67 anos, sufriu o impacto dun turismo cando cruzaba un paso de peóns na avenida de Alxeciras.


|

Archivo - Dos agentes de la Guardia Civil en un control de tráfico en el kilómetro 34 de la A-1, el día que comienza la operación salida del puente de mayo 2022, a 29 de abril de 2022, en Madrid.
Foto: EP

 

A muller de 67 anos atropelada na mañá do martes mentres cruzaba un paseo de peóns na avenida de Alxeciras do municipio veciño de Neda faleceu a consecuencia das graves feridas sufridas.

A causa do impacto, a muller chegou a entrar en parada cardiorrespiratoria, pero unha enfermeira que estaba na zona conseguiu reanimala e asistila, xunto a outras veciñas, até a chegada da ambulancia, que a trasladou ao Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, onde faleceu horas máis tarde.

A muller fora traballadora do Concello de Fene, que publicou unha mensaxe nas súas redes sociais. "O goberno, a corporación municipal e os compañeiros e compañeiras queremos expresar o noso máis profundo pesar polo falecemento de Carmen Rodríguez Carballeira, traballadora deste Concello durante moitos anos", sinala a mensaxe.

"Tamén queremos trasladar todo o noso agarimo e apoio aos seus familiares e amigos nuns momentos tan difíciles. D.E.P.", finaliza a publicación.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE