A barcaza de Portodemouros estará inoperativa un mes polas necesarias tarefas de mantemento
Naturgy anuncia a interrupción do servizo para sometelo ás análises pertinentes.
Naturgy interromperá o servizo de transbordo da barcaza do encoro de Portodemouros, situado no río Ulla entre as provincias da Coruña e Pontevedra, do 1 ao 31 de outubro para cumprir o requirimento legal que esixe a inspección e o mantemento periódico deste transporte.
Diso informou a empresa nun comunicado, no que explicado que as actuacións de mantemento e inspección, que se realizan cada tres anos, redundarán nunha maior e mellor garantía do servizo aos usuarios, e serán levadas a cabo coa máxima dilixencia para minimizar o tempo de interrupción.
Mentres duren estes traballos, os desvíos de circulación estarán debidamente sinalizados mediante a colocación de carteis indicadores do itinerario alternativo. Naturgy lamenta as molestias que se poidan ocasionar durante os días de interrupción do servizo.
Escribe o teu comentario