Einsa Print anuncia un novo ERE para a súa planta das Pontes un ano despois do último, con 113 afectados
Os traballadores, ante o anuncio da dirección, puxeron en marcha un calendario de mobilizacións.
O comité de empresa de Einsa Print nas Pontes (A Coruña), empresa dedicada ás artes graficas, recibiu esta semana a notificación por parte da compañía sobre o inminente inicio dun procedemento de despedimento colectivo, baseado en causas económicas e produtivas.
Tras esta comunicación, a representación legal trasladou á asemblea de traballadores, celebrada este mércores, a escasa información dispoñible, "máis aló de que o inicio do período de consultas está fixado para o día 16 de xuño".
Ante o descoñecemento do alcance deste Expediente de Regulación de Emprego (ERE) e coa sospeita de que podería afectar mesmo á totalidade do persoal da factoría, situada no polígono de Penapurreira, os traballadores acordaron convocar unha folga indefinida a partir do 16 de xuño, coincidindo co inicio do período de consultas.
Segundo o sindicato CIG, maioritario no comité de empresa, a compañía "pretende levar a cabo estes despedimentos pouco máis dun ano despois doutro ERE que reduciu á metade o seu persoal" e no medio do período de compromiso de mantemento do emprego recolleito no plan de viabilidade pactado.
Esta convocatoria de folga foi referendada pola práctica totalidade do persoal.
Escribe o teu comentario