Gadisa revaloriza xa o 98% dos residuos xerados na súa sede central

O 100% papel e o carton en Gadisa Retail reutilízase, segundo a propia compañía.


|

GADIS SAICA NATUR
Foto: Gadisa Retail

 

Na principal planta de Gadisa Retail están cada vez máis preto de alcanzar o obxectivo de residuo cero. Na sede central da firma galega xa se reutiliza o 98% do residuo xerado na plataforma loxística do Polígono de Piadela. Esta nova vida entronca directamente coa política de economía circular que aplica a compañía e que lle está dando tan bos resultados.

 

ECONOMÍA CIRCULAR

Un exemplo deste éxito é a certificación de Saica Natur co selo “De Residuos A Recursos: Zero A Vertedoiro”, reeditado de novo despois de que fose concedido por primeira vez en 2022. "Esta importante
acreditación está auditada pola compañía internacional de verificación TÜV SÜD".
 

"A compañía segue impulsando un modelo de negocio sostible para favorecer o crecemento socioeconómico da contorna en equilibrio co medioambiente, cunha estratexia que se sustenta sobre a xestión responsable dos recursos, a loxística inversa e eficiente, o apoio aos provedores locais, que reduce as rutas de transporte, e a eficiencia enerxética", engaden desde Gadisa, onde salientan o peso das 'Tres R': reutilizar, reducir e reciclar.


Para alcanzar ese 98% hai que conxugar moitos factores, empezando co "control intelixente do stock", a primeira fase para evitar o despedicio. En diante, o sistema loxístico persegue "a optimización de rutas" e o "transporte de mercadorías en embalaxes sostibles, que retornan a diario nos mesmos camións desde os puntos de venda á sede, onde un equipo de 37 persoas xestiónaos para introducilos outra vez na cadea". 

 

GADIS CAJA RECICLADA
Foto: Gadisa Retail

 

"Son unhas 10.000 toneladas anuais de cartón, plástico, madeira e outros residuos", cifran desde Gadisa, á vez que insisten en que no referido ao cartón e ao papel recíclase o 100%, transformándoo en caixas de pedidos a domicilio. "Son materiais que se utilizaron noutros procesos e aos que se dá unha nova vida útil: máis de 36 millóns de caixas fabricadas con 6.900 toneladas de cartón e papel", agregan, cun aforro enerxético equivalente ao consumo anual de enerxía de máis de 70 domicilios.
 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE