Os datos do Servizo Galego de Saúde indican que, por vez primeira desde que comezou a escalada de casos en setembro, a área sanitaria de Ourense rexistra un descenso no número de casos activos. As boas cifras que hoxe arroxa a área auriense contrapóñense ás que chegan desde Vigo ou Santiago de Compostela, onde o número de novos casos sofre un lixeiro salto en comparación coas xornadas anteriores.