As ameazas arancelarias de Donald Trump ao aceiro e o aluminio "provocan inquietude" na Xunta de Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, respondeu as preguntas de Galiciapress tras a celebración do Consello da Xunta deste luns. Cuestionado polas ameazas arancelarias de Donald Trump, o presidente galego espera que non cheguen a termo e repercutan na "potente industria do aluminio en Galicia". 


|

Alcoa san cibrao
Foto: EP

 

O segundo mandato de Donald Trump na Casa Branca está a provocar un auténtico terromoto na economía mundial. A sacudida, en cuestión de dúas semanas, alcanzou de maneira directa a Galicia , cunha economía que agora mira de fronte ás políticas arancelarias impulsadas polo líder republicano no seu pulso directo con China , México, Canadá e Europa.

 

 

"INQUIETUDE" EN GALICIA

Nesta liña, esta madrugada Trump anunciou aranceis ás importacións de Estados Unidos, cun efecto directo sobre Stellantis, algo que repercutirá, con total seguridade, sobre a produción de Stellantis Vigo. Con todo, a subida dun 25% sobre o aceiro e o aluminio ten un efecto directo sobre empresas da talla de Cortizo ou Alcoa, xa de seu lastradas pola crise da industria metalúrxica e agora pendentes dos efectos que esta nova alza dos prezos pode ter sobre o emprego polas políticas proteccionistas alén do atlántico.

 


"Calquera aceiro que veña a Estados Unidos vai ter que ter un 25% de arancel. Tamén o aluminio. 25% para os dous. É moi sinxelo. Se nos cobran, cobrámoslles", avanzou Trump sobre as súas propostas que, dixo, imporá "case de inmediato". 

 

Preguntado por Galiciapress sobre a situación na que pode quedar a industria galega por estes aranceis, o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, non escondeu a "inquietude" que xeran as declaracións de Trump no tecido económico galego pola "importancia das exportacións da potente industria do aluminio que existe en Galicia" e que fai "a moitos países, tamén a Estados Unidos".

 

 

 

"Espero que non sexa o que se aventura e poida seguir agora mesmo a actividade intensa e moi beneficiosa de exportacións que tivo para moitas empresas", manifestou o presidente galego, que con todo dixo descoñecer na súa totalidade a dimensión desta ameaza dle mandatario estadounidense, polo que preferiu gardar máis impresións até tenr "máis datos", aínda que o que se sabe até agora "provoca inquietude". 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE