El Bosque Gadis en Curtis é xa máis frondoso grazas á colaboración de Amicos

Os terreos cedidos polo Concello de Curtis foron reforestados con 300 bidueiros. 


|

BOSQUE GADIS 2
Foto: Gadis

 

O proxecto de integración social e de conservación da biodiversidade de Gadis é xa unha realidade. A cadea de supermercados viu cristalizar esta iniciativa graza sa a colaboración de Amicos, organización especializada na inclusión e apoio ás persoas con discapacidade intelectual. Desta alianza naceu o Bosque Gadis en Curtis , onde plantaron 300 bidueiros. 

 

O coidado da compañía por que as especies da parcela sexan autóctonas da comunidade responde o programa de Responsabilidade Social Corporativa de Gadis co que se asinou o convenio con Amicos, entidade coa que tamén impulsan o calendario solidario ou o Festival Festirititi que celebran en Boiro o 3 de decembro. As Ecobrigadas, especializadas en sectores como o forestal, xardinaría, obras ou bedelería, desenvolveron labores de adecuación do terreo antes de reforestare a zona
 

BOSQUE GADIS
Foto: Gadis

 

Keltoi Cameán, coordinador da área de Alianzas con Persoas e Empresas, puxo en valor os esforzos para a "inclusión real da discapacidade e o coidado do planeta", á vez que agradeceu tanto a Gadis como ao Concello de Curtis, que cedeu os terreos para o bosque considerando que "a reforestación ocupa un papel fundamental", a súa aposta por esta clase de iniciativas que permitirán que "catro persoas con discapacidade intelectual poidan manter un emprego". 
 

Pola súa banda, o director de Comunicación de GADISA Retail, José Luís Fernández Astray, quixo destacar que na filosofía de Gadis está o respecto á contorna natural e o seu compromiso por "mellorar as condicións de vida e facilitar a integración no mercado laboral" das persoas con diversas capacidades.


 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE