Trasladan aos xulgados de Santiago aos detidos polo asasinato da Praza de Abastos

A Policía levou a Fontiñas á primeira hora aos dous investigados e está citado tamén o terceiro, que quedou en liberdade o martes tras desvinculalo nun primeiro momento do crime.


|

WhatsApp Image 2024 11 14 at 12.45.18
Foto: @g24noticias


A Policía trasladou á primeira hora deste xoves aos xulgados de Fontiñas, en Santiago , aos dous detidos baixo custodia pola súa presunta implicación na morte do placeiro Antonio Costa, ocorrida este martes na Praza de Abastos compostelá.

Estes dous apresados comparecerán ao longo da mañá ante a titular do xulgado de Instrución número 1, que leva a causa. Ademais, tamén foi citado para este xoves o terceiro detido, que quedou en liberdade tras prestar declaración en sede policial.
 


Até os xulgados composteláns desprazáronse á primeira hora da mañá familiares da vítima, o carniceiro Antonio Costa, visiblemente afectados. En concreto, a súa filla, Gloria Costa, falaba ás cámaras da #TVG para pedir "que se faga xustiza" para o seu pai e que os implicados na súa morte non queden "impunes".

"Mataron a unha familia enteira, teño que verlles a cara e dicirlles que acabaron cunha familia enteira", dixo a filla da vítima, entre bágoas e visiblemente afectada. "É unha pena moi grande, que unha persoa tan querida, tan respectada e tan traballadora, que acaben así coa súa vida... hai dereito. Que veñan dous maleantes e arrebátenlle a vida, iso non pode ser", engadiu.
 

 

O crime ocorreu na madrugada do martes, cando o carniceiro Antonio Costa acudía como cada día a traballar no seu posto na praza. Segundo apuntan as primeiras hipóteses, mantivo unha discusión cun grupo de mozos que volvían de festa e iniciouse unha liorta no transcurso da cal lle golpearon en varias ocasións. O home faleceu no mesmo lugar.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE