A CIG pide investigar os escándalos de "acoso laboral e sexual" do exdirector de Pull&Bear

O sidnciato sinala ao recentemente xubilado Pablo do Bado como responsable dunha serie de denuncias por casos de acoso de distinta índole. 


|

Entrada a la tienda de Pull and Bear, a 5 de junio de 2024, en Madrid (España). Inditex ha registrado un beneficio neto de 1.294 millones de euros durante el primer trimestre de su ejercicio fiscal 2
Entrada á tenda Pull&Bear

 

Os cambios en Pull &Bear, marca de Inditex onde Lucian Dorobantu tomou o testido hai só uns días á fronte da dirección xeral da firma, poden responder a motivos moito máis escuros dos que cabería esperar. E é que a Confederación Intersindical Galega (#CIG) elevou unha petición á cúpula da multinacional téxtil para que investigue ao exdirector, Pablo do Bado, pola suposta implicación deste nunha serie de denunciar por "acoso laboral e sexual" contra xa o exdirector de Pull&Bear. 

 

O sindicato pide "unha investigación estrutural" para coñecer a veracidade e, no seu caso, alcance destas acusacións, apoiados nun escrito interno no que se recollen distintas denuncias. Rubén Gasalla, delegado sindical da CIG en Pull&Bear, solicita a Inditex que "se depuren responsabilidades" se procede e que "se aclare o asunto" despois de que nos últimos días circulasen unha serie de misivas onde tanto empregados como empregadas relataban "episodios terribles de acoso laboral e sexual presuntamente cometidos polo director xeral saínte", á vez que apuntaban a "suposta complicidade do Departamento de Recursos Humanos". 

 

Ademais das cartas, ao parecer tamén se viralizó a nivel interno unha canción creada con IA co xa exdirector como protagonista, onde había frases nas que se burlaban abertamente do antes mencionado, enfrontado co Comité de Ética do grupo con sede en Arteixo. Tamén a súa parella, Ana Risueño, abandonou Zara Woman en marzo, onde tamén destacaba cun cargo de responsabilidade, segundo apuntan distintos medios.

 

"Aínda que sen ter acceso ás fontes directas dos escritos, as acusacións son dunha gravidade tal que se fai precisa a intervención da empresa", considera o sindicato. Nesa liña, a "seriedade das acusacións" leva ao sindicato a pedir un cambio máis aló da dirección de Pull&Bear, que Pablo do Bado abandonou tras 45 anos de traballo, senón que merece unha "investigación estrutural máis profunda".
 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE