A GFS Security quedan uns días para abonar a débeda herdada de Prosetecnisa, como ordenou Inspección de Traballo

Inspección de Traballo concedeu un mes de prazo a GFS Secutiry para afrontar o pago das nóminas de setembro e as liquidacións. Algúns empregados recibiron os pagos extraordinarios, pero con recortes. 

 


|

Inspección de Traballo concedeu un mes de prazo a GFS Secutiry para afrontar o pago das nóminas de setembro e as liquidacións. Algúns empregados recibiron os pagos extraordinarios, pero con recortes, asegura a CIG.

 

O sindicato lembra os episodios de represión da empresa e a actitude adoptada por firmas como Reganosa ante este conflito cos traballadores da seguridade. 

 

Fj9OrRSXoAAaZXM
Fj9OrRSXoAAaZXM

 

Os traballadores de GFS Secutiry afrontan este xaneiro o cuarto mes sen recibir os pagos que a compañía aínda lles debe mentres seguen prestando servizos en empresas como Reganosa ou para entidades públicas como o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). A firma asumiu os contraros de Prosetecnisa, anterior adxudicataria, cunha débeda rolda os 250.000 euros só na provincia da Coruña. Agora Inspección de Traballo pronunciouse respecto diso, 

 

Tras meses de protestas, o pasado 20 de xaneiro tivo lugar un novo capítulo nas protestas dos traballadores afectados. As concentracións tivo lugar en Reganosa e Forestal do Atlántico en Mugardos. A débeda de Porsetecnisa segue sen abonar e o fin do conflito non parece próximo, a pesar de que Inspección de Traballo achou que GFS Security era responsable da débeda e tería que asumila como nova concesionaria.

 

“En aplicación do artigo 44 do Estatuto das persoas Traballadoras, as empresas adxudicatarias quedarían subrogadas a cumprir cos dereitos e deberes do persoal, entre eles, o pago de salarios e cotizacións”, lembra a CIG.

 

SANCIÓNS DE ATÉ 225.000 EUROS

A propia Inspección de Traballo concedeulles un mes de prazo para facer o pago das nóminas de setembro e as liquidacións, segundo informa a CIG “debendo acreditar ante este organismo os recibos de salarios e os respectivos pagos a todos os traballadores na provincia da Coruña e non soamente a aqueles pertencentes ao grupo Tojeiro”.

 

“O incumprimento por parte de GFS deste deber antes da data sinalada, sería considerada como a comisión dunha falta moi grave no seu grao máximo, tendo aparellada unha sanción entre 120.000 e 225.000 euros, destacando como feitos agravantes a reiteración na falta do pago durante os meses de outubro, novembro, decembro e xaneiro, o número de traballadores afectados, e a cantidade deixada de pagar”, agrega o sindicato.

 

Dentro desta orde están amparados, ademais, os máis de cen empregados que prestan servizo en “os polígonos industriais de Bergondo, Espírito Santo, Alvedro, Piadela, o centro loxístico de MRW en Ledoño e a planta de Vertex Bioetanol Galicia en Teixeiro”, entre outros.

 

Até a data, e sempre segundo o comunicado da CIG, só uns poucos traballadores recibiron o pago excepcional, aínda que “as cantidades non se corresponden cos salarios deixados a recibir en setembro ” con reducións que van desde os 200 até os 300 euros.

 

"MÁIS PRECARIEDADE"

O sindicato ve isto como unha manobra dilatoria, pero lembra o proceso dos últimos meses para levar a Prosetecnica e GFS ante a xustiza polo atraso dos pagos ou as denuncias por un presunto delito de falsificación documental, así como as distintas reunións e negociacións mantidas até a data e a “represión” exercida pola empresa contra “un dos membros da CIG no Comité de Empresa e traballador en Reganosa, suspendéndolle de emprego durante dous meses e sen ningún tipo de xustificación nin defensa posible, procedendo ao seu despedimento no mes de decembro a pesar da súa condición como Representante Legal das Persoas Traballadoras na empresa”. Tamén hai dous empregados de Reganosa que seguen suspendidos de emprego tras catro meses.

 

Na mesma liña, o sindicato reprende ás empresas nas que GFS presta servizo por non tomar medidas de apoio aos traballadores da seguridade afectados, o que contribuíu, ao seu xuízo, a “profundar máis” en “a precariedade laboral de empresas como GFS e que defenden e amparan outras empresas como Reganosa ou o grupo Tojeiro” e premiando “a ausencia de calidade na prestación dos seus servizos, as continuas infraccións administrativas e laborais en relación cos dereitos dos traballadores, sen esquecer as investigacións en curso pola presunta comisión de feitos delituosos”.
 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE