Stellantis abusa dos empregados e Inspección de Traballo "le o xornal baixo unha antuca", satiriza a CUT

Baixo o lema 'Menos cadeira de brazos e máis implicación', a CUT convocou este xoves unha concentración ante a Inspección de Traballo en Vigo, para denunciar o seu "proteccionismo" cara á planta de Stellantis e "a pouca implicación" na defensa das persoas traballadoras.

 

A CUT concéntrase ante a Inspección de Traballo en Vigo para denunciar o seu "proteccionismo" cara a Stellantis

 


|

A protesta da forza sindical tivo lugar ante a delegación de Inspección de Traballo en Vigo, á que acusa de abandono de funcións e de poñerse sempre ao lado "dos fortes, da empresa". 

 

Satirizando a indefensión que senten, os manifestantes marcharon baixo o lema 'Menos cadeira de brazos e máis implicación' para demandar á Inspección máis rigorosidade. 

 

Concentración convocada por CUT-Stellantis fronte á Inspección de Traballo en Vigo.
Foto: EP

 

Baixo o lema 'Menos cadeira de brazos e máis implicación', a CUT convocou este xoves unha concentración ante a Inspección de Traballo en Vigo, para denunciar o seu "proteccionismo" cara á planta de Stellantis e "a pouca implicación" na defensa das persoas traballadoras.

Segundo informou o sindicato, este organismo non só parece demostrar "sensibilidade" cara aos intereses da empresa, senón que demostra pouca implicación no "control e aplicación da suposta nova reforma laboral".

 

REUNIÓN CO XEFE DE SERVIZO

No marco desta concentración, a delegacion de CUT entregou un escrito na Inspección para solicitar unha reunión co xefe do servizo na provincia de Pontevedra, José María Casas de Ron.

Así mesmo, o sindicato avanzou que solicitará tamén unha reunión coa directora xeral da Inspección de Traballo a nivel nacional, Carmen Colado, para trasladarlle as súas "inquietudes" sobre o que ocorre na factoría viguesa, e advertiu de que, en caso do organismo "non cumpra coas súas funcións", non descarta "outra vía de denuncia".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE