Moitos inmigrantes están a pagar minutas a avogados sen necesidade

No sector dos despachos de avogados está a haber un boom de clientes, inmigrantes irregulares que piden asesoramento e acompañamento para enfrontar ao proceso. O problema é que moitas destas persoas, en realidade, non necesitan todos estes servizos. Por exemplo, á hora de obter o certificado de vulnerabilidade, un papel que nin é imprescindible para todos e que cuxa obtención é case automática porque, como sinalan desde o Colexio de Traballo Social, unha persoa sen papeis é, por definición, unha persoa vulnerable.


|

Personas migrantes hacen cola para la tramitación de su regularización administrativa en Sevilla.
Arquivo.- Persoas migrantes fan cola para a tramitación da súa regularización administrativa en Sevilla.

 

“O 99% veñen con avogados”, relata a Galiciapress  un asistente social que traballa nun concello galego, quen a continuación advirte que “non é necesario porque é un proceso administrativo normal”. 

 

As oficinas dos traballadores sociais municipais é unha das vías nas que obter un certificado de vulnerabilidade, algo imprescindible para conseguir a regularización nalgún pero, ollo, non todos os casos. Hai múltiples excepcións.

 

De feito, insiste o técnico municipal, a solicitude do certificado de vulnerabilidade nin sequera é un trámite burocrático especialmente complexo.

 

Non é a primeira voz que se alza denunciando abusos. Tamén o fixo, por exemplo, Laura Menna, portavoz do Comité Regularización Xa en Gran Canaria, quen declarou na Ser que "hai moito avogado que se está lucrando deste proceso”. “Están a cobrar entre 400 ou 500 euros", sinala.

 

David Gontán: “calquera persoa en situación irregular é vulnerable automaticamente”.

 

David Gontán, coordinador do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, indica a Galiciapress que en situacións así “aparecen persoas que se aproveitan dás persoas máis vulnerables”.

 

Gontán responsabiliza polo menos en parte ao modo “rápido e pouco claro” no que se lanzou o proceso por parte do Ministerio, con varias notas aclaratorioas posteriores.

 

O coordinador lembra algo clave: “calquera persoa en situación irregular é vulnerable automaticamente”. Cae de caixón, un migrante sen papeis non pode acceder a educación, pensións, nin a case ningunha axuda pública.

 

De feito, o asistente social municipal sinala que “o 99% dos solicitantes do certificado de vulnerabilidade son novos usuarios”. O que quere dicir que xamais se dirixiron á Asistencia Social antes para pedir ningunha axuda. 

 

Algo que, por certo, cuestiona a propaganda de partidos de ultradereita, como Vox, empeñados en denunciar que os inmigrantes irregulares desprazan aos españois á hora de recibir subvencións, etc.

 

Pola súa banda, David Gontán lembra que a tramitación do certificado de vulnerabilidade é gratuíta.

Con todo, basta botar unha ollada a redes sociais como Tiktok ou Instagram para comprobar até que punto hai un boom de avogados enfocados neste tema.

 

“ Teño que dalo todo polos meus clientes para que poden obter os documentos e ao final nós só facemos de enlace cunha entidade acreditada”, explican desde a conta de Instagram “avogado de estranxeiría”.

 

Cando presentou o proceso de regularización, a ministra Elma Saiz dixo que “a Administración e os potenciais beneficiarios poderán contar coa colaboración dos profesionais da avogacía especializados en materia de estranxeiría, que desempeñan un papel esencial no asesoramento xurídico e na correcta tramitación dos expedientes”.

 

A clave destas declaracións reside en que o asesoramento é potestativo, non obrigatorio e que non todos os casos son iguais. Haberá casos complexos nos que, efectivamente, si se necesitará a asistencia dun letrado. De feito, o Consello Xeral da Avogacía Española ha advertido contra “intrusismo profesional e as prácticas enganosas que poidan prexudicar aos solicitantes”.

 

David Gontán sinala que hai casos de inmigrantes que descoñecen as linguas oficiais polo que, loxicamente, necesitan ser acompañados para realizar calquera trámite pero, en todo caso, hai que lembrar que para o Certificado de Vulnerabilidade pódese solicitar directamente nos servizos sociais autonómicos, municipais e nas ONGs inscritas no RECEX, Rexistro de Colaboradores de Estranxeiría. 

 

O coordinador do Colexio sinala que as colas nas oficinas dos asistentes sociais, que se produciron nas cidades, xa desapareceron.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE