Críticas á Xunta por permitir aos comercios abrir domingos e festivos: "Consumismo por diante de dereitos"

Comisións Obreiras censura a ausencia de diálogo despois de que o Goberno de Galicia aprobase as datas de festivos e domingos de apertura nos comercios de Galicia. 


|

Trabajadores del comercio protesta
Protesta de traballadores do comercio pola apertura de establecementos en domingos e festivos | Foto: EP

 

O pasado 1 de outubro o Diario Oficial de Galicia (#DOG) estableceu os que serán os domingos e festivos de apertura nos comercios galegos para o ano 2026. Así, os traballadores deste sector non terán descanso os días 4 e 11 de xaneiro, o 2 de abril, o 26 de xullo, o 15 de agosto, o 29 de novembro nin os días 6, 13, 20 e 27 de xaneiro. Responde isto ás "necesidades" dalgunhas tendas de abrir en momentos de gran demanda e afluencia de clientes, como son as campañas de Nadal e Black Friday, a volta ao cole, os períodos de rebaixas ou festivos estivais como o do 25 de xullo. 

 

 

NEGOCIO Á conta de DEREITOS LABORAIS?

O anuncio non caeu ben en Comisións Obreiras (CC.OO.), que censura á Xunta por impor "o consumismo" sobre "os dereitos laborais do persoal do comercio". O sindicato lamenta que normalizar esta clase de períodos de apertura "dificulta a conciliación" de moitos traballadores. 

 

De igual maneira, desde CC.OO. reprenden ao Goberno de Galicia por tomar esta decisión "sen consulta previa, polo menos con este sindicato" e co fin de "priorizar, unha vez máis, os intereses empresariais fronte aos dereitos laborais e familiares do persoal do sector". 

 

Abrimos domingos y festivos
Moitos establecementos xa abren domingos e festivos todo o ano | Foto: RTVE

 

A continuación, desde Comisións non atopan ningún argumento que apoie a necesidade de abrir os comercios domingos e festivos, cando moitos establecementos xa abren de luns a sábado en horarios de 10 a 22 horas. "O que si existe é unha presión constante das grandes superficies para ampliar o seu negocio á conta dos dereitos laborais do persoal que sostén o sector", referendan, salientando que se trata dun colectivo onde predominan "os horarios partidos, os salarios baixos e a alta temporalidade, especialmente entre as mulleres", sendo este un sector especialmente feminizado. 
 

 

"REFORZA A PRECARIEDADE"

"A ampliación das aperturas non crea emprego estable nin mellora as condicións laborais, senón que reforza a precariedade existente", asumen desde o sindicato no seu comunicado, que insiste en que "o dereito ao descanso e á conciliación non pode subordinar ao interese comercial", polo que pide á Xunta un modelo económico "sostible" e que sexa "socialmente responsable", de maneira que garanta a competitivad "sen sacrificar os dereitos" dos traballadores.

 

Tienda abierta
Foto: EP

 

"As políticas públicas deben situar no centro as persoas traballadoras e non os balances das grandes cadeas. As persoas empregadas do comercio tamén teñen familia, vida social e dereito a gozar dos domingos e festivos como o resto da cidadanía", razoan desde CC.OO., á vez que demandan un proces de sonsulta "real e efectivo cos axentes sociais". 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE